Inicio arrow Quen somos
Quen somos PDF Imprimir Correo-e
escrito por administrador   
30/07/07

En Novembro de 1989 foi fundada na Estrada, por un grupo de mozos e mozas, a Asociación de Tempo Libre mistura. Monitores e monitoras voluntari@s do Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada, agrupáronse coa idea de dirixirse a diferentes sectores da poboación estradense e co obxectivo de dar resposta a unha serie de necesidades do entorno, como eran entón:

- a falta de actividades de tempo libre.

- a escasa -ou nula- actividade das asociacións existentes e a escasa relación entre elas

- o tecido social debilitado.

- a pouca actividade promovida polos estamentos públicos.

- unha crecente demanda de actividades froito de novas situacións, que requiren un traballo planificado cos diferentes colectivos.

A nosa ATL desenvolve desde entón unha iniciativa educativa dirixida a diferentes colectivos do concello de do noso entorno. O proxecto asociativo serve ademáis para desenvolver as iniciativas das persoas que formamos a entidade, a través de actividades lúdicas, formativas, de desenvolvemento social e persoal e de participación e integración cidadá.

Para fortalecer o seu labor, a ATL mistura creou en 1994 a Escola de Tempo Libre mistura, recoñecida oficialmente pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, e que todos os anos desenvolve un programa formativo no campo do tempo libre. O obxectivo é a formación e capacitación no tempo libre de socias e socios de mistura e demais persoas interesadas. Somos un proxecto de formación, especialización e actualización nas actividades e técnicas orientadas a promover e utilizar adecuada e positivamente o ocio e o tempo libre.

Modificado o ( 01/12/07 )
 
Destacamos...
Despois de que un grupo de hackers trocaran a nosa páxina por unha deles, estamos de volta. Aínda non sabemos como foi, pero esperemos que non volva suceder.